October 19, 2021
De parte de CNT VIGO
131 puntos de vista


Dende CNT-Vigo, e dado o noso compromiso coa difusión da idea libertaria, organizamos xunto cos anarco-sindicatos de Ponteareas e Coruña esta conferencia itinerante sobre Kropotkin, grazas á inestimable colaboración do doutor en historia Jordi Maíz Chacón. A laboura divulgativa de Jordi Maíz é ben coñecida no entorno libertario, e coincidindo co centenario da morte de Kropotkin, tivo a ben impartir numerosas conferencias sobre aspectos da obra e vida de Kropotkin que ate agora non tiveran a consideración que merecian. Por iso, queremos aproveitar a ocasión para recomendar o libro de Jordi Maíz sobre os últimos anos de Kropotkin, que ten unha introdución de Frank Mintz e que se centra na análise do anarquismo ruso no exilio e na evolución do pensamento de Kropotkin a partir da Revolución Rusa de 1905, até a súa morte en 1921.

Piotr Alexeievich Kropotkin naceu en Moscova en 1842. Aos vinte anos abandonou o seu posto militar en Siberia e comeza os seus estudos de xeografía, e escomeza a dar forma á crítica contra o zarismo, como consecuencia da forte represión contra a insurrección polaca.

Despois de ingresar na Primeira Internacional en 1872, comezou a súa actividade como militante, razón pola que foi arrestado en Rusia, de onde conseguiu fuxir en 1876. A partir deste momento, o sua laboura propagandística para a Federación do Xura (adherido á Primeira Internacional) é notable: a través da revista Le Révolté, na que defendería teses próximas ao insurreccionalismo.

Os postulados de Kropotkin transcenderon o nihilismo ruso que estaban desenvolvendo Nowo Sokolow e outros exiliados como Sergei Nechayev, que escribirían xunto con Bakunin. O Catecismo Revolucionario . Así mesmo, os postulados de Kropotkn non atopan lugar nas teses colectivistas de Bakunin e, pouco a pouco, vai esbozando nas súas obras a idea do comunismo anarquista que hoxe segue a guiar a práctica dos nosos anarco-sindicatos; xa que coa indubidable forza do seu ideal construíronse as raíces, os principios revolucionarios, as tácticas e os obxectivos que levamos anunciando ao mundo dende hai máis de cen anos.
A influencia da obra de Kropotkin foi amplamente difundida en español e influíu en autores como Ricardo Mella e militantes da talla de Anselmo Lorenzo e Isaac Puente, que en 1933 escribiron o seu manifesto sobre o comunismo libertario. A influencia de Kropotkin no anarcosindicalismo ibérico é indubidable, abonda con mencionar as numerosas concordancias existentes na opinión sobre o concepto confederal de comunismo libertario, emitida dende o Congreso de Zaragoza da CNT, en 1936.

Alén desta reseña sobre a relevancia histórica da obra de Kropotkin no anarcosindicalismo, non podemos esquecer a relevancia que tiveron os seus estudos en disciplinas como a xeografía e a zooloxía,o que o levaría a colaborar con Eliseo Reclus na redacción da súa Xeografía universal.

Son tantas as aristas e a complexidade da súa obra e idea revolucionarias, que non podemos mais que convidarvos a escomenzar connosco esta apaixoante viaxe emancipadora, o 29 de outubro, ás 20: 00 horas, na taberna O Serán, na Rúa Manuel Nuñez N°29.

¡Viva o apoio mútuo!. ¡Viva o anarcosindicalismo!





Fuente: Cntvigo.org