O xulgamento militar contra a traballadora humanitaria Juan Ruiz Sánchez, encarcerada en Israel desde hai case dous meses, foi adiado até o próximo 7 de xullo, segundo confirmou a súa avogada.
A primeira sesión do proceso contra a cooperante Juan Ruiz Sánchez, que vive na Cisxordania desde hai máis de 35 anos e á que Israel aplica a lei militar -como aos palestinos deste territorio ocupado- debía comezar esta mañá mais o xuiz aceptou pospor o inicio a pedido da defensa.
“Só me permitiron visitar Juana onte”, declarou a EFE a avogada, que alegou perante o maxistrado non ter tido tempo suficiente para preparar a defensa.
Alén diso, como consecuencia da súa tarefa de recollida de fondos para a ONG, foi acusada tamén de “recibir e introducir diñeiro nos territorios palestinos” e de “recibir diñeiro con falso prpósito”.
Juan Ruiz é de orixe castelá e leva vivindo na Palestina 35 anos. No seu labor en HWC mantivo contacto con internacionalistas de todo o mundo que acoden a Palestina, incluidos a brigadistas vascos que van periódicamente a ese país para denunciar a ocupación sionista. Nese cadro, visitou Euskal Herria en varias ocasións.
Fuente: Esculca.gal