
.
.
Por qué desde hoxe é maior a fenda do contencioso do TC contra as presas e os presos do procés?
O Tribunal de Estrasburgo ditou unha sentenza moi contundente contra a Turquia, que abre de ricochete unha fenda importante na estratexia española de limitación e vulneración dos dereitos dos presos politicos. O Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos ordenou ás autoridades turcas poren en liberdade Selahattin Demirtaş, un preso político curdo encarcerado desde 2016, por diversas violacións dos dereitos humanos, unha das cales conecta directamente co caso dos presos e presas catalás: é o caso que Turquía impede Demirtaş de sair da cadea apesar de ter sido proclamado parlamentar electo. É unha vulneración semellante á cometida contra Oriol Junqueras e Jordi Sánchez, cando en xaneiro do 2018 o xuiz Pablo Llarena os impediu de iren á sesión constitutiva do Parlamento de Catalunya despois das eleccións do mes anterior.
A Turquía xa foi condenada en 2018 polo Tribunal de Estrasburgo por este caso, e a sentenza de hoxe, que inclúe máis violacións de dereitos, lembra e invoca como xurisprudencia a anterior. Mais o feito de agora se ter convertido nun precedente máis directo para os presos cataláns encóntrase no mesmo Tribunal Constitucional español. Porque cando do TEDH condenou Turquía por non ter deixado ir Demirtaş ao parlamento, a defensa de Jordi Sànchez xa tentou facer valer aquela resolución nun recurso de medidas cautelares que o Tribunal Constitucional recusou. A defensa de Oriol Junqueras tamén invocou o caso e finalmente, ainda que o tribunal recusou o recurso, tivo tres votos particulares, de tres maxistrados discrepantes: Fernando Valdés Dal-Ré, Juan Antonio Xiol Ríos e María Luisa Balaguer Callejón. E estes tres maxistrados dicían que o recurso de amparo de Junqueras tiña que ter sido aceptado, entre outras razóns, pola sentenza do TEDH contra a Turquía no caso Demirtaş. Os tres maxistrados dicían que non había precedentes dun caso semellante no ordenamento xurídico español, e que tiñan de se remeter á xurisprudencia recente do Tribunal de Estrasburgo.
O precedente Demirtaş é portanto contundente. Porque o tribunal europeo di -lembraban os tres maxistrados discrepantes en relación co caso Junqueras- que hai dereitos recoñecidos no artigo terceiro do protocolo número 1 do Convenio Europeo dos Dereitos Humanos. Son os dereitos de eleccións libres e de representación política, e o feito de o xuiz Llarena ter impedido Junqueras de exercer a función de representación como parlamentar electo viola este preceito.
Demirtaş é co-presidente do Partido Democrático do Pobo (HDP) e forma parte da oposición ao presidente turco, Recep Tayyip Erdogan. Foi detido en novembro do 2016 durante unha operación en que arrestaron máis deputados do seu partido, e encarcerado en situación preventiva, acusado de colaboración con organización terrorista e incitación á violencia: todo isto por comentarios feitos durante un programa de televisión en que reclamaba o papel potencial do encarcerado dirixente do PKK na resolución pacífica da causa curda.
O TEDH tamén considera que o encarceramento do dirixente curdo “limita o pluralismo e o debate politico, que está no centro da noción da sociedade democrática”. A grande sala conclúe que “os obxectivos” da detención preventiva de Demirtaş tiñan “un obxectivo politico non recoñecido”, o que considera de “gravidade incontestábel para unha democracia”.
Son precisamente as consideracións que facía xa na sentenza do 2018 as que os tres maxistrados do TC salientaban no seu voto particular, feito público poucos días antes de comezar o xulgamento contra o procés no Tribunal Supremo. Os maxistrados dicían: “Na sentenza do TEDH do 20 de novembro de 2018 insístese na dupla idea de que ‘a democracia constitúe un elemento fundamental da orde pública europea, e que os dereitos garantidos no artigo 3 do protocolo número 1 do CEDH son cruciais para establecer e manter as bases dunha democracia efectiva e significativa gobernada polo estado de dereito’, e tamén que ‘as eleccións libres e a liberdade de expresión, en particular a liberdade do debate político, son o alicerce de calquer sistema democrático […]. Portanto, a Convención establece un nexo estreito entre unha democracia política efectiva e o funcionamento efectivo do parlamento. Portanto, non hai dúbida de que o funcionamento efectivo do parlamento é un valor de importancia chave para unha sociedade democrática’. Posteriormente, o TEDH volta a insistir en que ‘os dereitos garantidos polo artigo 3 do protocolo 1, que son inherentes ao concepto dun sistema autenticamente democrático, serían simplesmente ilusorios se os representantes electos ou os seus votantes puidesen ser privados deles arbitrariamente en calquera momento”.
E é iso o que fixeron tanto con Demirtaş como con Junqueras e Sánchez. O feito de haber votos discrepantes nas sentenzas do TC é sempre un factor que pode ter moito peso no recurso posterior ao Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos. Porque os argumentos dos maxistrados discrepantes son tidos moi en conta. Mais se estes maxistrados invocan unha sentenza do TEDH que, alén do mais, o tribunal europeo acaba de facer valer nun caso semellante moito máis ainda. Precisamente o TEDH ten xa nas mans un recurso da defensa de Oriol Junqueras contra a decisión do xuiz do Supremo Pablo Llarena de o impedir de sair do cárcere para ir ao Parlamento de Catalunya. É un recurso presentado por esta violación concreta do seu dereito á participación politica, e ainda pode pasar algún tempo antes de que prospere. Será seguramente antes de chegaren o groso dos recursos dos presos, os que teñen a ver coa setenza do Tribunal Supremo e que ainda hoxe ten retidos o Tribunal Constitucional, cada vez máis fracturado e con maiores fendas no contencioso contra o independentismo catalán.

Fuente: Esculca.gal











