May 3, 2022
De parte de Nodo50
220 puntos de vista

  • Veciños das parroquias rurais e membros das organizacións ecoloxistas de Vigo maniféstanse na praza de América para informar á cidadanía da desfeita que podería provocar o vieiro de alta capacidade que atravesaría Beade e Bembrive.
  • As organizacións convidaron á cidadanía a visitar as contornas dos ríos Eifonso e Barxa, dos poucos lugares de Vigo que aínda conservan unha riqueza natural significativa e un rural que axuda a limpar o aire e a auga da cidade.
  • Consideran que a negativa do PSdeG-PSOE a estudar a posible declaración da zona como espazo protexido, consumada co seu voto en contra no pasado pleno municial, denota unha enorme falta de sensibilidade ambiental por parte do goberno vigués.
  • Afirman que unha infraestrutura destas dimensions tería graves consecuencias sobre o medio ambiente no rural de Vigo, amais de teimar no aumento de tráfico rodado na cidade con máis coches por habitante do Estado.

#gallery-1 {
margin: auto;
}
#gallery-1 .gallery-item {
float: left;
margin-top: 10px;
text-align: center;
width: 33%;
}
#gallery-1 img {
border: 2px solid #cfcfcf;
}
#gallery-1 .gallery-caption {
margin-left: 0;
}
/* see gallery_shortcode() in wp-includes/media.php */

Numerosos veciños e veciñas das parroquias de Beade, Bembrive, Sárdoma e Castrelos, apoiados polas organizacións ecoloxistas Adega, Amigos da Terra, Greenpeace e Ecoloxistas en Acción,  foron convocados hoxe na Praza de América pola Plataforma de afectados polo vial de Beade (AVIBE) para chamar a atención sobre a desfeita que podería provocar no rural vigués o trazado do vieiro de alta capacidade PO-010 A Balsa-Baruxáns, previsto no PXOM da cidade. Decenas de persoas portando carteis e pancartas, baixo o lema “Salvemos o rural de Vigo”, situáronse nos pasos de peóns da praza e pediron a viandantes e condutores que tomen partido para axudalos a protexer a pouca natureza que lle queda á cidade.

Deste xeito, as organizacións convocantes buscan o apoio da cidadanía viguesa fronte á cerrazón que, din, están a ter neste asunto o Concello e o alcalde Abel Caballero. Procuran concienciar dando a coñecer os beneficios de conservar a biodiversidade e o rural e chamando a atención sobre os irreversíbeis custes ambientais e sociais que tería seguir apostando por infraestruras que non son en absoluto necesarias para a cidade.

“Vigo ten aínda o privilexio de contar cun rural e cunha biodiversidade na súa contorna que son vitais para a saúde ambiental do Concello. Cómpre protexelos, non soterralos baixo infraestruturas xigantescas como se fixo no pasado en tantos lugares. Queremos pedirlle ás viguesas e aos vigueses que nos axuden a protexer a pouca natureza que nos queda e que lle digan connosco ao Concello non ten sentido insistir en construír unha estrada que non é necesaria, favorecendo a entrada masiva de vehículos na cidade en detrimento dunha das nosas xoias naturais”, afirmou Ana Pascual, voceira de AVIBE.

Tanto AVIBE como as anteditas organizacións ecoloxistas propuxeron á corporación municipal a declaración de ENIL (Espazo Natural de Interese Local) para as contornas dos ríos Eifonso e Barxa, que alimentan o Lagares e pasan por ser os cursos fluviais mellor conservados e con máis biodiversidade e etnografía do Concello. Na zona cítanse numerosas especies de invertebrados, anfibios, réptiles, aves e mamíferos, así como se conservan dos poucos retallos de bosque de ribeira que quedan en Vigo e uns cursos fluviais que aíndan garanten a achega de auga limpa ao Lagares e á ría. A moción foi levada a pleno por parte do BNG o pasado mércores, recibindo os votos a favor de tódolos grupos salvo o PSdeG-PSOE, que coa maioría absoluta impediu que saíra adiante. O goberno municipal vigués negouse a tramitar o ENIL a pesar de estar promovido pola propia veciñanza da contorna de ámbolos dous ríos.

“O rural vigués debería protexerse como a xoia que é, e non ser visto como terra erma para encher de infraestruturas e seguir esganando os nosos maltreitos espazos naturais, que xa son ben poucos. O futuro das vindeiras xeracións de viguesas e vigueses depende de contarmos cun medio ambiente limpo e un xeito de vida sustentábel, que nos faga máis resilientes fronte á crise ecosocial que asola o planeta. Por iso hoxe estamos aquí para pedir o apoio da cidadanía. O que queren facerlle á nosa natureza é moi grave e irresponsábel e a xente ten que sabelo”, apuntaron dende as organizacións ecoloxistas da cidade.

As organizacións tamén lembraron que Vigo segue a ser unha das cidades do Estado con máis coches por habitante e ten enormes deficiencias en espazos verdes que axuden a facela unha cidade más habitábel e sustentábel. Fronte a ameazas como o cambio climático, a perda de biodiversidade e a contaminación, a cidade necesita protexer e recuperar os seus ecosistemas naturais e o seu rural, mudar a mobilidade priorizando os medios de locomoción non motorizados e o transporte público e camiñar cara a xeitos máis sostíbeis nos eidos do consumo, a alimentación ecolóxica que podería fornecer o rural e a enerxía limpa, para garantir así un medio ambiente san para as vindeiras xeracións.




Fuente: Ecologistasenaccion.org