April 22, 2021
De parte de CGT De Galicia
254 puntos de vista


CGT, 1º DE MAIO 2021

Xornadas Libertarias (27 – 30 abril) e Manifestación (1 Maio)

            A CGT invita a todos os entes, colectivos e militantes do movemento social reivindicativo e solidario de Pontevedra, a acudir e participar nos actos organizados pola CGT de Pontevedra, con motivo do 1º de Maio nesta cidade, baixo o lema:

¡Solidariedade e Apoio mutuo! … A loita continúa

XORNADAS LIBERTARIAS – ABRIL 2021

Martes, 27 abril, 20,00h, na Sala VerSus (c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12): mesa redonda e charla-coloquio: “Contra a precariedade e o abuso laboral”. Participan: traballadoras de Execl, Atento e Teleperformance de CGT-A Couña

Mércores, 28 abril, 20,00h, na sede do Ateneo Libertario (r/ Pasantería, 1, 3º andar)): Charla-coloquio: “Apoio mutuo, como factor da evolución”, polo Ateneo Libertario de Pontevedra – Clube de lectura

Xoves, 29 abril, 20:00h, na Sala VerSus (c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12): Foro de cine: “I Compagni”, de Mario Monicelli. Coloquio.

Venres, 30 abril, 20:00h, na Sala VerSus (c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12): Charla-coloquio: Razón e historia do 1º de Maio (1886 – 2021). Presentación de “El crimen de Chicago”, de Ricardo Mella. Ponente: Miguel Ángel Cuña

A Exposición, gráfica e documental “100 anos de Kropotkin”, organizada polo Ateneo Libertario, continúa exposta na Sala VerSus, de 18:00h a 21:00h., de martes a venres, ámbolos dous inclusive.

CHAMAMENTO

MANIFESTACIÓN do 1º DE MAIO 2021

(saída da r/ Loureiro Crespo, 1 (frente ó Hospital), ás 13:00h)

¡SOLIDARIEDADE E APOIO MUTUO!

Porque reivindicamos traballo:

Loitemos xuntos, todos e todas unidos, contra o paro, a precariedade e a exclusión social

Porque defendemos os servizos públicos e o disfrute colectivo dos bens e da riqueza socialmente construídos:

Loitemos xuntos, todos unidos, contra os recortes, o desmantelamento e a privatización dos servizos públicos e servizos sociais básicos; Defendamos a Sanidade Pública, o Ensino Público, o Sistema Público de Pensións.

Porque o noso ben máis preciado é a liberdade e as nosas reivindicacións máis profundas son a igualdade e a solidariedade:

            Loitemos xuntos, todos unidos, asambleariamente, sin xefaturas nin burocracias, de abaixo arriba, contra toda brecha, fractura, privilexio, discriminación ou subordinación dunhas persoas a outras.

Porque consideramos que TODAS e cada UNHA das loitas –sanidade, pensións, condicións de traballo e salariais, mordazas, paro, precariedade, discriminación…- son soio diferentes aspectos de UNHA e  a MISMA loita:

¡Participemos neste 1º de Maio 2021 en Pontevedra!

CGT Pontevedra – Comité Local

Comparte esta noticia…
Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail this to someone



Fuente: Cgtgalicia.org