Por outra parte, non descartan que a detención fose ilegal e ordenan investigar se o axente cometeu ese delito e outro de lesións leves. Por outra, consideran que non se pode atribuir un delito de atentado ao activista porque esta acusación só se fundamenta no testemuño do mosso que supostamente tería recibido o golpe no casco, sen que o corroboren as imaxes ou outro testemuño.
Segundo Alerta Solidària, o activista, membro do Sindicat d’Habitatge del Raval e simpatizante da CUP Ciutat Vella, foi detido sen motivo e o protesto durante o despexo da sede do Sindicat de l’Habitatge de l’Eixample Dreta foi “absolutamente pacífica”
Por iso Alerta Solidària apunta que o auto da Audiencia “evidencia a maneira de actuaren os Mossos absolutamente inxustificada e desproporcionada cando enfrenta o movemento de defensa da vivenda”. Alerta tamén afirma que o activista puido demostrar a súa versión grazas a un vídeo dun veciño do Eixample.
Nas imaxes vese claramente o momento en que o mosso fai caer o xoven, que está aplaudindo os compañeiros do sindicato, e unha vez no chan o retén de costas, agarrándoo polo pescozo. A seguir vese como o levan en tanto se ouven berros da xente que di: “Mais se non facía nada!”.
Fuente: Esculca.gal